miércoles, 10 de diciembre de 2014

Relato con Hiperenlaces.

Un ano despois... A nena do espello estase a peitear o cabelo.
O garfo dos Pérez Antón Alexandre Pérez Vázquez IES Campo San Alberto (Noia)
Ola, son un garfo! E agora estou vivindo na casa dos Pérez. Pero... que- redes saber como cheguei ata aquí? Pois aquí tedes a historia da miña vi- da. Primeiro presentareivos os meus pais. Son o ferro e o carbono. Son minerais que vivían na Terra, pero que non se coñecerían se non fose por- que os seres humanos decidiron que estaría ben que se xuntasen. Menos mal que foi así, porque senón eu non estaría agora aquí. Porque si, acer- tastes, eu nacín desa unión; ben, en realidade chámase unha aliaxe. E o resultado dela é o aceiro.
Pero antes de chegar a ser como me vedes agora aínda ten que pasar un tempo. Logo da aliaxe os humanos levan os meus pais a unhas fábri- cas para que estean quentiños. Vaia, quen di quentiños di a uns 727 oC, o suficiente para que os meus pais minerais se fundan e acaben formando unhas estruturas cristalinas o bastante duras como para que eu e mais os meus curmáns, o coitelo e a culler, poidamos facer ben o noso traballo.
Xa que vos presentei os meus pais e os meus curmáns, tamén vos teño que dicir que na miña familia hai moitos máis membros, ata uns vinte. Están o vanadio e o titanio, que me axudan a que eu sexa duro. Os meus tíos, o cromo e mais o níquel, evitan que eu me oxide, por iso tamén me podedes chamar «o inoxidable». Non é por chulearme, pero os que te- mos un 12 % de cromo na familia somos virtualmente inoxidables. Si, si, podédelo crer, porque así conseguimos unha capa de cromo que cobre o aceiro e nos protexe da oxidación. Xa sabedes como veño ao mundo. Queredes coñecer agora cando apareceron os meus primeiros antepasa- dos? Pois foi hai uns miles de anos.
Ai! Como pasa o tempo! A min houbo quen me dixo que os meus pri- meiros antepasados viviron no tempo dos gregos, alá polo século IV a. C. Tamén hai quen di que non foi ata o século IX cando comecei a estar pre- sente nas mesas para axudar os humanos a comer; disque unha tal prin- cesa bizantina, chamada Teodora, me puxo de moda.
E así ata agora. Eu e mais os meus irmáns, o do peixe e o das sobre- mesas, estamos repartidos por case todo o mundo. Fáltanos por coñecer a China e a India, porque alí non nos necesitan para comer.
Eu estou contento cos Pérez. Trátanme ben, non me dobran nin me tiran ao lixo e úsanme para o que eu estou preparado. Como debe ser! Ah, teño que deixarvos! Veñen buscarme para levarme á mesa, seica está a comida lista e sen min non poden empezar.